O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de tódolos cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
En virtude do Decreto 139/2020, do 17 de setembro (DOG núm. 190, do 18 de setembro), Isabel Concheiro Rodríguez-Segade cesou no cargo de secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.
Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu cesamento, e que se publica como anexo a este anuncio.
Tal e como consta no referido modelo anexo IV:
1. Non se inclúen os seguros de vida.
2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Titular do cargo: Isabel Concheiro Rodríguez- Segade.
Cargo público orixe da declaración: secretaria xeral técnica da Consellería do Mar.
Motivo: cesamento.
I. Activo:
1. Bens inmobles (segundo o valor catastral):
2. Valor total doutros bens: 30.094,88 €.
3. Total: 30.094,88 €.
II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):