Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para unha bolsa de emprego para a contratación de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias.

A Resolución da Alcaldía nº 934/2020, do 16 de outubro de 2020, aprobou a convocatoria e as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.

A Resolución da Alcaldía nº 1128/2020, do 10 de decembro de 2020, aprobou a corrección de erros das devanditas bases, concretamente a base novena, relativa ao desenvolvemento do proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 219, do 22 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Teo, 22 de decembro de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde