Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada á Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G. para a explotación avícola de engorda de polos Alta Pedra-Cortegada, situada no lugar de San Xoán, parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola de engorda de polos Alta Pedra-Cortegada

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0091_NAA/IPCC_122

Localización: lugar de San Xoán, parroquia de Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-71

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático