Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de decembro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados nun procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo I se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo I.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo I, para que no prazo de quince (15) días poida efectuar as alegacións que xulgue pertinentes, o cal poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 30 de decembro de 2020

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO I

Establecemento: Tío Gilito.

Signatura: V-PO-005546.

Razón social: Ignacio López Domínguez.

Domicilio: Xardíns Castro Sampedro, s/n.

Concello: Pontevedra.