Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3099

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de convocatoria de eleccións.

En cumprimento do disposto no artigo 44.2. dos Estatutos, faise público que o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2020, acordou convocar eleccións a cargos dos órganos de goberno e fixar a xornada electoral o 27 de marzo de 2021, na sede social de Santiago de Compostela, entre as 10.00 e as 18.00 horas, co que queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2021

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia