De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, mediante este anuncio emprázase para notificar as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas que figuran no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar.
No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, número 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Así mesmo, advírteselles que contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 1 de decembro de 2020
María Cristina Abades Martínez
Jefa territorial de Lugo
ANEXO
Persoa interesada |
Núm. de expediente |
Data de resolución |
33811964D |
BS618D27028018919 |
Revogación 20.2.2020 |
34240363X |
BS618D27058001219 |
Denegación 24.4.2020 |
33321353B |
BS618D27028026219 |
Revogación 4.3.2020 |
Y1080671F |
BS618D27028013020 |
Denegación 17.6.2020 |
Y6796539F |
BS618D27902001320 |
Desistencia 30.10.2020 |
Y7363324A |
BS618D27063000120 |
Desistencia 15.9.2020 |
Lizcano Trujillo, Mildred Yurani |
BS618D27057002719 |
Desistencia 10.1.2020 |
Y4971004M |
BS618D27040000620 |
Concesión 22.6.2020 |
Y1479873K |
BS618D27058000619 |
Desistencia 15.9.2020 |
34277939G |
BS618D27057004118 |
Revogación 24.4.2020 |
34274490M |
BS618D27031006619 |
Denegación 26.2.2020 |
34274553E |
BS618D27031002019 |
Revogación 17.12.2019 |