Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de decembro de 2020 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia en expediente disciplinario.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

Gerardo Rivero Cuesta
Instrutor

ANEXO

Expediente disciplinario.

Persoa interesada: 34896241C.

Acto de notificación: prego de cargos.