Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (284/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 284/2020 deste xulgado do social, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por María Pilar Nieto Vila fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. e Fogasa, e en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos do 27.2.2020.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 18.910,32 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, condénase a empresa a aboar á parte demandante a cantidade de 10.986,36 euros correspondente a salarios de tramitación desde o despedimento ata a data desta resolución.

Respecto ao Fogasa, débese observar a responsabilidade establecida no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Torres Tasende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza