Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3326

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (467/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 467/2020 deste xulgado do social se ditou sentenza con data do 1 de outubro de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na Secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimientos Casan, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza