Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3295

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

Con data do 10 de xullo de 2020, o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quendas libre e de concurso.

Con data do 2 de outubro de 2020 publicouse no DOG (núm. 200) a Resolución do 23 de setembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda libre.

Transcorrido o prazo de emenda de solicitudes establecido, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado mediante a Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe de persoas admitidas poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal.

A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe de persoal non exento da realización da proba de coñecementos da lingua galega e a listaxe de persoal exento da realización da proba de coñecementos da lingua galega pódense consultar na páxina web oficial da Agasp http://agasp.xunta.gal.

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 26 de febreiro de 2021, nos pavillóns 1 e 2 do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde ser realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase a continuación da primeira proba, unha vez rematada esta.

A Estrada, 12 de xaneiro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe de persoas excluídas

Apelidos e nome

Causa exclusión

Ansia López, Brais

6

Barreiro Fernández, Mario

5

Bastos Basoa, Pablo

4

Benavente Cabaleiro, Iván

6

Bolaño Rodríguez, Natalia

6

Carbón Peiteado, Roberto

6

Carrera Paz, David

6

Castro Sánchez, Javier

6

Comesaña Nandín, Pedro

4

De Saa González, Alfonso

6

Estévez Pérez, Tania

5

Fernández López, Iván

6

García Sousa, Alejandro

6

Gesteiro Reyes, Miriam

6

Gómez Castro, José Esteban

5

Gómez Rodrigues, Robert

4

González Muñiz, Iván

1, 6

Hermida Pena, Ana Isabel

5

Lareo Romero, Ricardo

6

Leiro Martínez, Martín

6

López Calvo, Enrique José

3, 6

Losada Somoza, Alberto

5

Martínez Arias, Roberto

1

Miramontes López, José Andrés

3, 5

Nores Magdalena, Lara

1, 5

Núñez Meijome, Alberto

6

Pérez Diz, David

2, 7

Pérez Pereiro, Brais

1, 6

Pérez Pulido, Ylenia

6

Pérez Sánchez, Manuel

6

Piñón Martínez, Guadalupe

5, 6

Quiñoa García, Marcos

4

Ramírez Álvarez, Héctor Manuel

6

Ramos Fernández, Daniel

5

Rodríguez Frois, Martín

4, 6

Rodríguez López, Ismael

6

Roig Ucles, Daniel

5

Sánchez Esmoris, Carol

6

Ventoso Paz, Francisco

6

Vila Bourio, Diego Luis

6

Causas da exclusión:

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa

2

O importe aboado é incorrecto

3

Declaración xurada non asinada ou non válida

4

Non foi posible consultar os antecedentes penais. Debe achegar un certificado de inexistencia de antecedentes

5

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida. Debe presentar documentación acreditativa

6

Non ten ou non foi posible consultar os datos do carné de conducir. Debe presentar copia do permiso de conducir

7

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto