Mediante a Resolución do 17 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), publicáronse as bases reguladoras das axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipamento (programa Maquinaria 4.0) e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2020, por trámite anticipado de gasto, en réxime de concorrencia competitiva.
As ditas bases establecen no seu artigo 11.4 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 23 de decembro de 2020 de concesión das axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipamento (programa Maquinaria 4.0), no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Habilítase un prazo de dez días naturais para que os interesados accedan á Oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada.
Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición perante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021
Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica