Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3629

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia por COVID 19 ten na saúde mental da poboación galega (Diario Oficial de Galicia número 218, do 29 de outubro).

Segundo o artigo 17 das bases reguladoras da dita orde, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o artigo 3.1 o crédito orzamentario inicial da orde é de 421.746,2€ con cargo ás seguintes aplicacións segundo a liña:

Liñas de actuación

Importe

Aplicación
orzamentaria

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais, psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais

155.940,66 €

50.01.413A.781.30

Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos

165.805,54 €

50.01.413A.481.30

Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental severo e adiccións

100.000,00 €

50.01.413A.481.30

Co código de proxecto 201800005, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Segundo indica o artigo 3.2 da devandita orde «De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.».

No mesmo artigo 3.2, indícase que no caso de incremento de crédito «Faríase unha repartición entre as entidades que, superando o limiar mínimo de puntuación, non recibiron subvención ou non acadaron o 100 % do solicitado na asignación ordinaria» (..) «Esta nova repartición faríase seguindo o mecanismo de asignación establecido no artigo 13, é dicir, por orde de prelación e ata o esgotamento do novo crédito».

Tras a ampliación de crédito publicada o día 28.12.2020, a distribución entre as distintas liñas e aplicacións orzamentarias queda como segue:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Incremento

Importe tras
incremento

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais, psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais

50.01.413A.781.30

155.940,66 €

47.657,02 €

203.597,68 €

Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos

50.01.413A.481.30

165.805,54 €

23.828,51 €

189.634,05 €

Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental severo e adiccións

50.01.413A.481.30

100.000,00 €

23.828,51 €

123.828,51 €

co código de proxecto 201800005, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Unha vez reunida a Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras e vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as disponibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I, ao abeiro da indicada orde, as axudas reflectidas na dita relación, a consecuencia da aplicación dos criterios de baremación previstos no artigo 14 da orde.

Segundo. Excluír as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa concreta que motivou a súa exclusión.

Terceiro. Denegar a subvención ás solicitudes que se relacionan no anexo III, por non acadar a puntuación mínima exixible.

Cuarto. De conformidade co artigo 23 das bases reguladoras, farase un único pagamento anticipado, por importe equivalente ao 100 % da concesión outorgada.

Quinto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, segundo a se indica na orde pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega é o 30 de xuño de 2021 inclusive, sendo os gastos subvencionables os realizados e efectivamente pagados desde o 1 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Axudas concedidas

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais, psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais:

Posto

Núm.

expediente

NIF
solicitante

Entidade
solicitante

NIF
executante

Entidade
executante

Programa

Ptos.

Importe

asignado

1

SA463I-I15

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G15476310

A Creba

Proxecto A creba

75,50

2.480,00 €

2

SA463I-I13

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G36248011

Asociación de familiares e enfermos mentais. Lenda

Proxecto Lenda

71,50

18.949,31 €

3

SA463I-I1

G15258213

Fundación Monte do Gozo

G15258213

Fundación Monte do Gozo

Acondicionamento centro Proxecto Home Santiago

68,75

16.310,80 €

4

SA463I-I19

G27746486

Asociación Xaruma

G27746486

Asociación Xaruma

Investimento

65,50

4.568,70 €

5

SA463I-I2

G36302776

Fundación Lar Pro Saúde Mental

G36302776

Fundación Lar Pro Saúde Mental

Proxecto de investimento de obras e conservación

62,50

4.235,00 €

6

SA463I-I4

G36624963

Asociación ciudadana de lucha contra la droga. Alborada

G36624963

Asociación ciudadana de lucha contra la droga. Alborada

Proxecto de conservación, mantenemento e equipamento

59,00

12.033,06 €

7

SA463I-I11

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G36298867

Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con trastorno mental

Proxecto Avelaíña

56,50

22.000,00 €

8

SA463I-I12

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G36044295

Doa Saúde Mental

Proxecto Doa

56,50

11.805,79 €

9

SA463I-I16

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G27262799

Asociación axuda ao enfermo mental A Mariña

Proxecto A Mariña

54,5

3.000,00 €

10

SA463I-I9

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G15034176

Asociación pro enfermos mentais Apem

Proxecto Apem

53,50

10.783,52 €

11

SA463I-I6

G15072010

Asfedro

G15072010

Asfedro

Subministracións, reparación e conservación

53,00

13.450,00 €

12

SA463I-I8

G15462633

Agalure

G15462633

Agalure

Investimento

52,50

16.699,28 €

13

SA463I-I14

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G15524614

Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

Proxecto SM Ferrol, Eume e Ortegal

52,50

4.945,80 €

14

SA463I-I18

G36642726

Érguete Vigo

G36642726

Érguete Vigo

Investimento

51,50

16.594,84 €

15

SA463I-I7

G36730059

Agaja

G36730059

Agaja

Reforma integral do centro de tratamento de condutas adictivas

50,50

32.000,00 €

Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos.

Posto

Núm.

expediente

NIF
solicitante

Entidade

solicitante

NIF
executante

Entidade

executante

Programa

Ptos.

Importe

adxudicado

(€)

1

SA463I-II2

G15784978

Instituto Galego para o terceiro sector. IGAXES

G15784978

Instituto Galego para o terceiro sector. IGAXES

Na túa mente. Intervención e detección dos trastornos mentais

85,75

13.578,00 €

2

SA463I-II3

G36302776

Fundación Lar

G36302776

Fundación Lar

Calidade de vida no domicilio. Programa de atención domiciiaria a persoas con enfermidade mental en espacios de convivencia e comunitarios de proximidade

85,50

7.332,40 €

3

SA463I-II8

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

Próxima e Emociona

81,00

120.531,44 €

4

SA463I-II13

G15983570

Asociación Itinera

G15983570

Asociación Itinera

Programa Argos, Desenvolvemento dos grupos de apoio

72,50

12.732,29 €

5

SA463I-II4

G15582695

Asociación de bulimia e anorexia de A Coruña. Abac

G15582695

Asociación de bulimia e anorexia de A Coruña. Abac

Axuste do tratamento dos TCAs durante a pandemia Covid-19

71,00

7.317,56 €

6

SA463I-II12

G27746486

Asociación Xaruma

G27746486

Asociación Xaruma

Fiares: Intervención familiar en saúde mental

70,50

18.968,00 €

7

SA463I-II14

G27021120

Aliad Ultreia

G27021120

Aliad Ultreia

Atención a mulleres prostituídas con trastornos mentais e adictivos

66,00

9.174,36 €

Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental:

Posto

Núm.

expediente

NIF
solicitante

Entidade

solicitante

NIF
executante

Entidade

executante

Programa

Ptos.

Importe

adxudicado

(€)

1

SA463I-III2

G36302776

Fundación Lar

G36302776

Fundación Lar

Programa formativo de competencias técnicas en situación de pandemia para a reinserción de pacientes estabilizados.

73,75

11.528,07 €

2

SA463I-III9

G15983570

Asociación Itinera

G15983570

Asociación Itinera

Programa Clío: Formación online e alfabetización

72,50

9.687,72 €

3

SA463I-III8

G27746486

Asociación Xaruma

G27746486

Asociación Xaruma

Roteiros prelaborais: intervención familiar en saúde mental

70,50

10.720,00 €

4

SA463I-III6

G79408696

Provivienda

G79408696

Provivienda

Compartindo enxeño

69,50

21.152,85 €

5

SA463I-III7

G36642726

Erguete Vigo

G36642726

Érguete Vigo

Programa de atención xurídico social

66,50

20.239,78 €

6

SA463I-III10

G36208387

Rexurdir provincial

G36208387

Rexurdir provincial

Vivendas de apoio á reinserción

59,00

17.957,09 €

7

SA463I-III1

G32106429

Atox

G32106429

Atox

Programa de incorporación social como apoio o tratamento de persoas diagnosticadas dun trastorno adictivo en vivendas supervisadas

57,75

17.576,64 €

8

SA463I-III3

G15462633

Agalure

G15462633

Agalure

Xuridade

51,50

14.965,92 €

ANEXO II

Solicitudes excluídas

Núm.

expediente

NIF

Entidade

Programa

Liña

Causa

SA463I-I3

G36627453

Asociación Viguesa de Alcohología

Mellora da calidade do aire en pandemia Covid 19

i

Incumprir o artigo 4.f) da orde «As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán de solicitar as axudas a través destas».

SA463I-II7

G15116239

UTACA

Nas túas mans

ii

Incumprir o artigo 4.f) da orde «As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán de solicitar as axudas a través destas».

SA463I-III4

G15116239

UTACA

Rompendo os Elos

iii

Incumprir o artigo 4.f) da orde «As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán de solicitar as axudas a través destas».

SA463I-II9

R3600131A

Casa sta Maria de la Esperanza, Esclavas de la Virgen Dolorosa

Apoio emocional en tempos de pandemia

ii

Incumprir o artigo 4.e) ter explicitamente entre os seus fins estatutarios actividades de axuda e apoio aos colectivos aos que se dirixe a subvención: persoas con trastorno mental ou adiccións.

SA463I-II10

G79408852

Médicos del mundo

Actividades de prevención e promoción da saúde mental

ii

Incumprir o artigo 4.e) ter explicitamente entre os seus fins estatutarios actividades de axuda e apoio aos colectivos aos que se dirixe a subvención: persoas con trastorno mental ou adiccións.

SA463I-II1

G32106429

Atox

Programa de inserción laboral para persoas en risco de exclusión social

ii

O programa non se adecúa á liña

SA463I-II5

G27802818

Amaina. Asociación para a promoción da saúde

Educación emocional

ii

O programa non se adecúa á liña

SA463I-II6

G15462633

Agalure

Preludio

ii

O programa non se adecúa á liña

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Segundo indica o artigo 13.2 «A orde de prelación para a concesión das subvencións determinarase en función da puntuación obtida por valoración dos criterios establecidos no artigo 14, non podéndose conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 50 puntos.».

Núm.

expediente

NIF

Entidade

solicitante

Entidade executante

Programa

Liña

Puntos globais
(mínimo 50)

SA463I-I17

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

Asociación Alba de familiares e amigos de enfermos psíquicos

Proxecto Alba

I

43,50

SA463I-I5

G15037187

A.C.L.A.D. Coruña

A.C.L.A.D. Coruña

Investimento e melloras en centros semi e residencial

I

36,50

SA463I-I10

G15545353

Saúde mental FEAFES Galicia

Aspaneps

Proxecto Aspaneps

I

36,50

SA463I-I20

G36208387

Rexurdir provincial

Rexurdir provincial

Investimento

I

24,50

Segundo indica o artigo 13.2 nos programas das liñas II e III precisarase obter unha puntuación mínima de 30 puntos na epígrafe de Calidade técnica do programa.

Núm.

expediente

NIF

Entidade

Programa

Liña

Puntuación
calidade técnica
(mínimo 30)

SA463I-II11

G27813146

AGAVIH

Dispositivo para a recuperación

II

23,00

SA463I-II15

G94061355

Asociación de deficit de atención e hiperactividade e necesidades específicas apoio educativo. ADAHPO

Programa de axuda, diagnóstico, intervención e orientación a menores e adultos con TDAH e súas familias

II

14,25

SA463I-III5

G15072010

Asfedro

Busca activa de emprego

III

28,00