Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 144/2019, por instancia de Eduardo Sanisidro Ferreiro contra a executada Remara, C.B. e outros, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 16.12.2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada Remara, C.B. en situación de insolvencia total, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza