Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (754/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 754/18 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución, cuxo ditame é o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Érika Pérez Martínez fronte a Lago Gómez, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1107,89 euros, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Remítase o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño en autos.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lago Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza