Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo para a elaboración de vídeos iniciais do proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado polo programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

Título: elaboración de vídeos iniciais do proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado polo programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

Clave do expediente: GA.20100.

CPV (referencia de nomenclatura): 92100000-2 (Servizos de cine e vídeo).

Orzamento base: importe neto: 14.000,00 euros. Importe total: 16.940,00 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 13.780,00 euros. Importe total: 16.673,80 euros.

Empresa contratista: Dibujario, C.B.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.b «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; actuación 1.2.1.4 (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO) «Liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (FID) e da Compra Pública Innovadora (CPI)». Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia