Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4036

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021 de nomeamento dun funcionario do corpo administrativo.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 30 de decembro de 2020 (BOPG núm. 74, do 12 de xaneiro de 2021), acordou a resolución e a aprobación do proceso selectivo para ingresar nunha praza do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, por promoción interna mediante o sistema de concurso-oposición, a favor de Teodoro García Rodríguez.

O 12 de xaneiro de 2021, o xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior emitiu informe sobre o cumprimento do interesado de todos os requisitos para ingresar na praza do corpo administrativo do Parlamento de Galicia, segundo o estipulado nas bases da convocatoria aprobada polo Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 8 de xullo de 2019 (DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2019, e BOPG núm. 511, do 26 de xullo de 2019).

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

1º. Nomear funcionario de carreira para cubrir unha praza do corpo administrativo (grupo C) do Parlamento de Galicia a Teodoro García Rodríguez (DNI nº XXX1406XX).

2º. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

3º. Notificarlle esta resolución ao interesado, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e á Intervención e Asuntos Económicos.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia