Advertido un erro na citada resolución publicada no DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir tal erro no anexo II, na relación de comisións, anexo II.2 Profesor/titular de universidade, na páxina 1091, onde di:
«Nº de concurso: 2518/20.
Corpo: titular de universidade.
Área de coñecemento: Comercialización e Investigación de Mercados.
Comisión titular:
3º vogal: Palazón Durán, Mariola».
Debe dicir:
«Nº de concurso: 2518/20.
Corpo: titular de universidade.
Área de coñecemento: Comercialización e Investigación de Mercados.
Comisión titular:
3º vogal: Palazón Vidal, Mª Dolores».