Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4532

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2020 de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 9 de decembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita a resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 9 de decembro de 2020, ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea no ano 2020, e na páxina web http://xuventude.xunta.es.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de decembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou do contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación, coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Unha vez transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, entenderase que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

– Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como outorgar a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), das redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión por parte da persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo de 2020)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo) establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2020.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderanse outorgar mencións de honra que carecerán de dotación económica.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, en vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de novela curta asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e estas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea no ano 2020, convocados na devandita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a persoa á cal se lle concede a mención de honra e no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde 22.6.2020; DOG núm. 135, do 8 de xullo); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de novela curta

Programa Xuventude Crea 2020

1º premio 3.000 €.

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/340-0

Adrián Gómez Ramos

***1049**

Lux Artema

Cando sangren os lobos

2º premio 1.500 €.

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/218-0

Pedro Aarón Álvarez Pérez

***9587**

Orde Caos

Na porta

3º premio 1.000 €.

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/038-0

Alba Ermida Area

***1989**

Astronauta Lila

Co desexo nos ollos

ANEXO II

Mención de honra

Especialidade de novela curta

Programa Xuventude Crea 2020

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Titulo da obra

BS310Q 2020/110-0

Andrea Ladrón de Guevara Jato

***9449**

Emmanuella

A prosperidade

ANEXO III

Relación de solicitudes que non obtiveron premio

Especialidade de novela curta

Programa Xuventude Crea 2020

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Titulo da obra

BS310Q 2020/094-0

Icía Rodriguez Arias

***7843**

Aurora

Bloc de bosquexo

BS310Q 2020/198-0

Martín Fernández Calo

***8644**

Dumiensis

A fonte da moura

BS310Q 2020/080-0

Nicolás Vázquez Ben

***7334**

Palomar

Os encontros

BS310Q 2020/305-0

Christian Fariña Agra

***5107**

Chris F.

A deas Ghnáth

BS310Q 2020/324-0

Xacobe Medina Dacasa

***4807**

Xaco

Suversivo

BS310Q 2020/199-0

Ainhoa Martínez Álvarez

***7511**

Am

A lúa

BS310Q 2020/033-0

Lara Alcalde Balado

***0782**

Aval

Mandil e botas de goma