Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4514

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 10 de decembro de 2020 de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q) cuxo procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 10 de decembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e a relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de decembro de 2020, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea no ano 2020, e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de decembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que xulgue oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como autorizar a edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de videocreación do
programa Xuventude Crea no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8.7.2020)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2020.

Nos seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderanse outorgar mencións de honra que carecerán de dotación económica.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de videocreación asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a mención de honra e no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Terceiro. Publicar a relación de solicitudes excluídas no anexo IV.

Cuarto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 22 de xuño de 2020; DOG núm. 135, do 8 de xullo). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2020

1º premio 3.000 €.

Nº de exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

BS310Q 2020/229-0

Carlota Álvarez Feijoo

***6248**

Caf

Zafirada

3.000 €

2º premio 1.500 €.

Nº exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

BS310Q 2020/328-0

Luis Xavier do Rego Ramil

***1391**

112visual

Raíces

1.500 €

3º premio 1.000 €.

Nº de exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe premio

BS310Q 2020/185-0

Hugo Vales Fernández

***1705**

Hv

O fin dos nosos días

500 €

BS310Q 2020/284-0

Andrés Sanjurjo García

***5167**

Xaime line

Sen título

500 €

ANEXO II

Mención de honra
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2020

Nº de exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/242-0

Ariadna Cordal García

***2801**

Amallóns de cores

Aves migratorias

ANEXO III

Relación de persoas participantes que non obtiveron premio
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2020

Nº de exp.

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2020/055-0

Daniel Pérez Domínguez

***5348**

Izon

BS310Q 2020/059-0

Adrián Loroño Correa

***2997**

Dj peri

BS310Q 2020/066-0

Vicente Vázquez Vidal

***0677**

María magnífica

BS310Q 2020/071-0

Isaac Rivadulla Matalobos

***9346**

Cordeiro

BS310Q 2020/091-0

Mario Fernández Filloy

***9768**

Mff

BS310Q 2020/120-0

Jorge Ángel Piñeiro Acevedo

***9501**

Última hora

BS310Q 2020/123-0

Eva Neira Carballo

***6859**

Medusa

BS310Q 2020/160-0

Sergio Barral Roo

***9608**

Searez

BS310Q 2020/163-0

Ariadna Silva Fernández

***9323**

Chorima

BS310Q 2020/178-0

Daniel Dantes Fernández

***8940**

Ana rosa

BS310Q 2020/184-0

Sara Casanova Martínez

***7609**

Pg

BS310Q 2020/211-0

Melina Guanella Pisciotti

***5131**

M. Lucas

BS310Q 2020/214-0

Lois Anxo Cid García

***7488**

Xirgadeira

BS310Q 2020/240-0

Bruno Ramos Domínguez

***0344**

The broklyns

BS310Q 2020/247-0

Gabriel Vázquez Fernández

**8984**

Vz. Ferz

BS310Q 2020/255-0

Víctor López González

***7665**

Víctor soho

BS310Q 2020/256-0

Leticia Vázquez Rodríguez

***1959**

Luscofusco

BS310Q 2020/268-0

Violeta González Otero

***9800**

A mosca

BS310Q 2020/278-0

Nee Barros Fernández

***4509**

Xedeá

BS310Q 2020/279-0

Mª de las Nieves Iglesias Rodríguez

***4382**

Sabrina li

BS310Q 2020/282-0

Laura Rodríguez Gesto

***2590**

Gaia

BS310Q 2020/293-0

Alva Vidal Capón

**0937**

Oiorquí

BS310Q 2020/304-0

Irene López Juárez

***0757**

Demiurga

BS310Q 2020/306-0

María Barro Guntín

***5816**

Marguntia

BS310Q 2020/308-0

Pedro Andrés Fernández Varela

***4552**

Toxo

BS310Q 2020/314-0

Denisse Lozano Hermida

***5732**

Rosa mosqueta

BS310Q 2020/332-0

Noelia María Muiño González

***3965**

Koda

BS310Q 2020/355-0

Sara Pérez Mosquera

***9453**

Siracusa

ANEXO IV

Relación de solicitudes excluídas
Especialidade de videocreación
Programa Xuventude Crea 2020

Nº de exp.

Nome e apelidos

Causa da exclusión

BS310Q 2020/077-0

María Jácome Iglesias

Incumpre a duración mínima de 2 minutos (art. 44.5 da orde)

BS310Q 2020/168-0

Leyre León Álvarez

Incumpre a duración mínima de 2 minutos (art. 44.5 da orde)

BS310Q 2020/192-0

Noa Costas Martín

Incumpre a duración mínima de 2 minutos (art. 44.5 da orde)

BS310Q 2020/311-0

Carla González Blanco

Incumpre a duración máxima de 8 minutos (art. 44.5 da orde)

BS310Q 2020/347-0

Aarón Barreira Diz

Incumpre a duración máxima de 8 minutos (art. 44.5 da orde)