Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4442

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2021 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designa o conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes para o ano 2021.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta Presidencia

RESOLVE:

Facer público o Acordo plenario do 13 de xaneiro de 2021, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designa o conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2021, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 13 de xaneiro de 2021, acorda:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez como membro da Sección de Estudos e Informes.

Segundo. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia