Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 911/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 911/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Varaderos Lazareto, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«A Coruña, 4 de decembro de 2020.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, visto este procedemento ordinario 911/2018 por instancia de José Manuel Barbeito Galmán, que comparece por si mesmo asistido do letrado José Manuel Vale Raña a través do sistema de videoconferencia, contra Varaderos Lazareto, S.L., que non comparece malia constar citado en legal forma.

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Barbeito Galmán fronte a Varaderos Lazareto, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 1.142,73 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza. Advírtaselle ao recorrente que sexa entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación de seguridade social de pagamento periódico que, ao anunciar o recurso, deberá xuntar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión de seguridade social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social logo de determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Varaderos Lazareto, S. L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza