Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do SU-7 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, tramitado por instancia das sociedades Aries Real, S.L. e Promociones y Gestiones del Tambre, S.L. (expediente municipal 2019006689).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 7 de xaneiro de 2021, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do Plan parcial do SU-7 do PXOM de Sanxenxo, tramitado por instancia das sociedades Aries Real, S.L. e Promociones y Gestiones del Tambre, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (http://sede.sanxenxo.es), en «verificar documentos», introducindo o seguinte código CSV: 0MP2VS20O9INAOUL.

Sanxenxo, 14 de xaneiro de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente