Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 281/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 281/2020, seguido por instancia de David López Causape contra El Ebanista 127, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza núm. 482/2020, do 10 de decembro, que aceptaba a demanda e contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a El Ebanista 127, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza