Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo a folla de valoración fundada da Administración do expediente expropiatorio polas obras do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-313, treito Coirados-Pardavila, p.q. 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno 43-1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro desta folla de valoración fundada da Administración. Unha vez transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 2021
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servicio Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
|
6 |
36026A01200005 |
Acuña Dopazo, Adelina |
|
18 |
36026A01400083 |
García, Josefa |


