Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2020/268-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselles a través desta cédula que se publicará no Boletín Oficial del Estado, ás persoas citadas no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázanse as persoas interesadas por sí ou a través do seus representantes legais para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado comparezan nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 8 de xaneiro de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2020/268-36.

Interesados:

– María Noelia Gracia Martínez.

– Óscar Corrales Elices.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 23 de outubro de 2020.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa e de recurso.