Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2021 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/90/2016-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de decembro de 2020, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidade urbanística COR/90/2016-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 15.11.2017 en que se ordena a demolición dunha parte dunha edificación identificada nos feitos probados coa letra B, con tipoloxía de vivenda unifamiliar, realizada sen autorización autonómica, no lugar de Agra do Río-Vilanova, parroquia da Porta, no termo municipal de Sobrado, provincia da Coruña, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a María del Carmen Casal Lago e á comunidade de herdeiros de José Casal Varela, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística