Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6012

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2021 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgáronse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar os servizos xestores e as tarifas existentes, razón pola que mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas na orde citada, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Decreto 129/2020, do 17 de setembro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

04 Presidencia, Xustiza e Turismo

01

Secretaría

04

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05

Secretaría Xeral de Emigración

06

Secretaria Xeral para o Deporte

07

Axencia Turismo de Galicia

OA

08

Secretaria Xeral de Medios

09

Emerxencias

11

Diario Oficial de Galicia

12

Relacións Exteriores e coa Unión Europea

16

Xogo

17

Asociacións, fundacións e colexios profesionais

18

Administración Local

19

Academia Galega de Seguridade Pública

OA

20

Interior e Espectáculos Públicos

21

Axencia Galega de Emerxencias

OA

23

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

OA

24

Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)

OA

25

Instituto de Medicina Legal de Galicia

05 Facenda e Administración Pública

01

Secretaría

02

Instituto Galego de Estatística

OA

04

Cixtec

OA

06

Política Financeira

07

Función Pública

08

Axencia Tributaria de Galicia

OA

09

Tribunal Administrativo de Contratación Pública

10

Escola Galega de Administración Pública

OA

06 Infraestruturas e Mobilidade

01

Secretaría

02

Mobilidade

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

15

Augas de Galicia

OA

16

Xurado de Expropiación de Galicia

26

Servizo Técnico Xurídico

07 Cultura, Educación e Universidade

01

Secretaría

03

Ensino Medio

05

Secretaría Xeral de Política Lingüística

06

Patrimonio Cultural

07

Arquivos

08

Rexistro da Propiedade Intelectual

09

Axencia Galega das Industrias Culturais

OA

10

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

OA

11

Museos

08 Economía, Empresa e Innovación

01

Secretaría

02

Minas

03

Administración Industrial

05

Instituto Galego de Consumo e da Competencia

OA

06

Comercio

07

Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

OA

08

Enerxía

09

Axencia Galega de Innovación

OA

11

Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi)

12

Instituto Galego de Promoción Económica

OA

16

Axencia Galega da Industria Forestal

OA

09 Medio Rural

01

Secretaría

02

Supervisión de Proxectos

03

Contratación

04

Infraestruturas Agrarias

05

Formación Agraria

06

Centro de Investigacións Agrarias

07

Axudas Estruturais

08

Industria e Comercialización Agroalimentaria

09

Sanidade e Produción Animal

10

Montes e Industrias Forestais

12

Defensa Contra Incendios

13

Fomento Cooperativo

14

Fondo Galego de Garantía Agraria – Fogga

OA

15

Sanidade Vexetal

16

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

OA

17

Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal)

OA

11 Sanidade

01

Secretaría

02

Planificación e Ordenación

03

Sergas – Xerencia

OA

06

Sergas – Farmacia

OA

08

Saúde Pública

11

Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia – 061

OA

12

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

OA

13

Fundación Pública Instituto Galego de Ofmatoloxía

OA

16

Inspección Sanitaria

17

Protección á Saúde

18

Promoción da Saúde

19

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

OA

12 Mar

01

Secretaría

02

Acuicultura (S.C.)

03

Marisqueo (S.C.)

04

Pesca (S.C.)

05

Desenvolvemento Pesqueiro

06

Recursos Mariños

07

Competitividade e Innovación Tecnolóxica

08

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

OA

10

Ente Público Portos de Galicia

OA

14 Política Social

01

Secretaría

02

Escolas Infantís - AGSS

OA

03

Xuventude

04

Tempo Libre

06

Menores

07

Dependencia e Autonomía Persoal

15 Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

01

Secretaría

04

Patrimonio Natural

06

Prevención e Xestión Ambiental

07

Fomento e Control de Calidade Ambiental

08

Control e Xestión de Residuos

09

Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia

10

Centro de Investigacións Forestais

11

Servizo Técnico Xurídico

14

Inspección e Intervención Ambiental

15

Meteogalicia

18

Axencia de Protección de Legalidade Urbanística

OA

19

Urbanismo

20

Instituto de Estudos do Territorio

OA

21

Instituto Galego de Vivenda e Solo

OA

17

Emprego e Igualdade

01

Secretaría

04

Consello Galego de Relacións Laborais

OA

05

Emprego

06

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

OA

07

Secretaría Xeral de Igualdade

08

Formación

23 Consello da Cultura Galega

01

Consello da Cultura Galega

24 Consello Consultivo

01

Secretaría

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

31.07.34

Autorización e rexistro do sistema de produción en fases en gando porcino

31.07.35

Autorización e rexistro de entidades integradoras en producións gandeiras

31.07.36

Supervisión de toma de mostras para expedición de certificados de exportación

31.07.37

Supervisión de corentena de animais de compañía procedentes de terceiros países

32.29.18

Inscrición no Rexistro de Solicitudes de Dereitos Mineiros

Modificando os códigos seguintes:

30.07.17

Homologación e inscrición de modelos doutros aparellos de xogo.

30.07.18

Homologación de fichas, tarxetas magnéticas prepagamento ou outros soportes físicos autorizados para máquinas tipo «C», «B» e «B especial»

30.11.07

Homologación e autorización de uso de material de xogo de casino

30.13.00

Rifas, tómbolas e loterías

31.04.09

Rexistro Oficial de Operadores Profesionais de Vexetais

31.07.01

Actuacións sanitarias de control, vixilancia ou outras realizadas por incumprimento da normativa de aplicación ou por perda de identificación do gando, por realización de probas diagnósticas de programas oficiais fóra do período de revisión, así como as realizadas para a obtención e mantemento da cualificación sanitaria en cebadeiros de bovino

31.07.04

Expedición de documentación oficial sanitaria de movemento, nacional ou intracomunitario, de animais vivos e produtos de orixe animal procedentes da gandaría ou da acuicultura, agás que sexa realizada de forma telemática a través das aplicacións informáticas habilitadas accesibles nas consellerías competentes en materia de gandaría ou acuicultura, a través da aplicación do sistema Traces ou que os operadores a obteñan directamente a través destas aplicacións.

31.07.08

Inspección, toma de mostras ou realización de informes técnicos por petición de parte de industrias, explotacións ou operadores comerciais de gando ou acuicultura non previstos nos programas oficiais:

31.07.09

Autorización, rexistro e renovación de autorizacións de operadores comerciais, transportistas, medios de transporte ou contedores de gando ou de animais acuáticos e de centros de concentración de gando:

31.07.14

Solicitude de concesión de cualificación sanitaria de explotacións de gando e animais acuáticos.

31.07.22

Expedición de duplicados de documentos de identificación de gando bovino (DIB) por perdas ou procedencia doutros países comunitarios

Expedición con modificación de datos na base de datos de animais por erros na colocación de crotais, declaración erróneas de nais, datas de nacementos ou outros erros imputables ás persoas gandeiras

31.07.33

Autorización e/ou rexistro de explotacións avícolas, cunícolas, porcinas, apícolas e de peletería, agás as de tipo autoconsumo (porcino, avicultura e apicultura), reducidas (porcino) e artesanais (avicultura):

31.24.02

Arrendamento e as súas sucesivas prórrogas, de licenzas para prestadores de servizo de comunicación audiovisual: 50 % sobre a taxa resultante da adxudicación da licenza

32.29.13

Inscrición no rexistro de direccións facultativas de actividades mineiras.

Eliminando os códigos seguintes:

30.09.07

Inscricións na sección cuarta do rexistro de empresas

31.07.15

Supervisión e control de documentos de traslado de animais e autorizacións sanitarias oficiais para traslado de animais, realizadas por veterinarios autorizados

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Sabadell

BBVA

Targobank

Evo Banco

Bankia

Abanca

Ibercaja

Caixabank

Caja Rural Galega

Caja Rural Zamora

Cuarto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de febreiro de 2021.

Santiago de Compostela, 22 de enero de 2021

Mª Victoria Gónzales Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia