Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 5830

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade de los convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da consellería (€)

Acordo de resolución do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting, para a realización de actividades de organización de eventos e campionatos relacionados coa actividade piscícola na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Resolver, por mutuo acordo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Pesca e Casting, para a realización de actividades de organización de eventos e campionatos relacionados coa actividade piscícola na comunidade autónoma de Galicia para o ano 2020.

7 de setembro de 2020

Sen achega económica da consellería.

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Medio Rural para a participación nos contratos baseados no Acordo marco de subministración sucesiva por prezos unitarios da uniformidade de axentes ambientais.

Fixar as liñas de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería do Medio Rural para a participación nos contratos derivados do Acordo marco de subministración sucesiva da uniformidade de axentes ambientais.

10 de setembro de 2020

Sen achega económica da consellería.

Addenda número 3 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Oza-Cesuras.

Modificación do contido da cláusula segunda
–compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do concello de Oza-Cesuras– e cláusula novena –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes.

21 de setembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Abegondo para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Abegondo.

Modificación do contido do número 1 da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, así como a cláusula décima –vixencia do convenio– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

22 de setembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido da conservación da fauna acuática no Centro Ictioxénico do Veral.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de actuacións conxuntas no eido da conservación da fauna acuática no Centro Ictioxénico do Veral.

22 de setembro de 2020

85.000,00 €

Convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España, S.A.

Contribuír ao cumprimento da lexislación e planificación en materia de residuos de envases e, en particular, ao disposto polo artigo 9, número 3, da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, mediante o establecemento dun marco que facilite a colaboración das entidades locais galegas con Ecoembes a favor do impulso da recollida selectiva de residuos de envases orientada ao incremento da súa valorización material (reciclaxe).

30 de setembro de 2020

Sen achega económica da consellería.

Acordo de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes, S.A. para a recuperación de residuos de envases lixeiros e papel/cartón en plantas de tratamento de fracción resto.

Definir as relacións que rexerán entre a Comunidade Autónoma e Ecoembes na actividade de tratamento (selección e acondicionamento) dos residuos de envases que se realicen nas instalacións de tratamento de fracción resto sitas no complexo medioambiental de Sogama en Cerceda.

30 de setembro de 2020

Sen achega económica da consellería.

Acordo de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España, S.A. para a valorización de residuos de envases e outras actuacións.

Regular os compromisos da Comunidade Autónoma e de Ecoembes, no desenvolvemento das seguintes actuacións:

1. Operacións de valorización enerxética de residuos de envases contidos na fracción resto incluídos no ámbito de aplicación do Sistema Integrado xestionado por Ecoembes, na instalación de tratamento de residuos urbanos sita en Cerceda. As ditas operacións son levadas a cabo por Sogama.

2. Alternativamente e por acordo das partes, outras actuacións de mellora relacionadas coa recollida selectiva. Para estes efectos créase un fondo de valorización correspondente aos dereitos de crédito xerados pola actividade de valorización descrita no punto anterior, que se poderá destinar na contía que acorden as partes, a actuacións de mellora da xestión dos envases incluídos no ámbito de aplicación do Sistema Integrado de xestión.

30 de setembro de 2020

Sen achega económica da consellería.

Addenda ao convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembalajes España, S.A.

A Xunta, a través dos fondos xerados nos acordos subscritos con Ecoembes, e durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 farase cargo dun pago de 100.000 € ao ano (IVE non incluído) adicionais ás achegas económicas recollidas no convenio marco de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e Ecoembes á Mancomunidade Serra do Barbanza, co fin de mellorar a súa eficiencia na recollida selectiva e a recuperación de envases.

A entidade emitirá cada factura unha vez pechada a facturación do ano correspondente á actividade de «recuperación de residuos de envases lixeiros e de papel e cartón procedentes da fracción inorgánica», realizándose o pago segundo o indicado no anexo III do Convenio marco.

30 de setembro de 2020

100.000,00 € ao ano

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Redondela para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Redondela.

Modificación do contido do número 1 da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–; o número 3 da cláusula terceira –compromisos do Concello de Redondela–, así como a cláusula décimo primeira –vixencia do convenio– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

5 de outubro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Valga para a realización de obras en materia de urbanismo.

Addenda numero 1 ao acordo consistente na modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento– e da cláusula sexta –comisión de seguimento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

14 de outubro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Padrenda para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Padrenda, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de humanización e mellora de rúas no núcleo de San Roque de Crespos.

15 de outubro de 2020

34.701,18 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilardevós para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilardevós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na rehabilitación da estrada de Salto do Cabalo a Moialde.

15 de outubro de 2020

76.537,80 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribadavia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribadavia, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no embelecemento do núcleo rural de Ventosela.

16 de outubro de 2020

103.880,21 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Toén para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Toén que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares.

16 de outubro de 2020

59.691,32 €

Addenda número 4 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico e barrio de San Lázaro do Concello de Verín.

Modificación do contido da cláusula segunda
–compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Verín– e da cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes.

16 de outubro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para a realización de obras en materia de urbanismo.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización do contorno da Capela de San Miguel en Vilaza.

19 de outubro de 2020

81.974,49 €

Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade nos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vigo.

Modificación do contido da cláusula segunda
–compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes.

29 de outubro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda de modificación e prórroga do ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para dar continuidade do Proxecto de investigación de arrecife artificial (Proarr).

Modificar a cláusula cuarta –financiamento–, as datas de entrega da táboa do Plan de traballo do anexo I e a distribución nas partidas de gasto previstas que se recollen no anexo II, sen alterar o orzamento total; e prorrogar a súa vixencia por un prazo de 6 meses.

19 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello dos Blancos para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

24 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Gudiña para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

24 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Ribadavia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello da Toén para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Monterrei para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Padrenda para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Pantón para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Rairiz de Veiga para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

25 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oza-Cesuras para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

26 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 7 ao convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para o financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ourense.

Modificar o número 1 da cláusula segunda do convenio e a vixencia establecida na cláusula sétima.

30 de novembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 4 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Oso Pardo para o desenvolvemento das actuacións previstas no Proxecto LIFE16 NAT/ES/000573 «Actions to favour cantabrian brown bear expansion to new territories in Serra do Courel (Galicia, Spain)».

Modificación dos puntos 2 e 3 e da cláusula 12ª.

30 de novembro de 2020

19.318,47 €

Addenda número 2 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Boimorto para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

2 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mos para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

2 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 7 ao convenio entre a extinta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección da cidade histórica do concello de Santiago de Compostela.

Modificación do contido da cláusula segunda
–compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Santiago de Compostela– e da cláusula sétima –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes.

2 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Tordoia para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

2 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 1 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilardevós para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

2 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 2 ao acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondariz-Balneario para a realización de obras en materia de urbanismo.

Modificación do contido da cláusula cuarta –financiamento–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

3 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.

Regular as condicións da colaboración entre as partes asinantes para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.

17 de decembro de 2020

38.949,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-Cemma, para a asistencia, recuperación e estudo dos réptiles (tartarugas) e mamíferos mariños varados no litoral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación Cemma para a asistencia veterinaria e recuperación dos réptiles, en especial das tartarugas mariñas, e mamíferos mariños varados no litoral de Galicia, así como para a recompilación de mostras e estudo das causas de morte destes animais.

28 de decembro de 2020

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para a realización de actuacións: dinamización da Rede galega de reservas de biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Ceida para a realización das actuacións: dinamización da Rede galega de reservas da biosfera, a xestión das áreas protexidas, exposicións itinerantes, traballando pola educación ambiental e asesoramento e documentación do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.

28 de decembro de 2020

56.000,00 €

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ribeira para a construción do novo auditorio municipal.

Modificación do contido da cláusula segunda
–compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

29 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Addenda número 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Moraña para as obras de equipamento municipal de ocio nas instalacións de Mirallos.

Modificación do contido das cláusulas segunda
–compromisos do concello– e terceira –compromisos da Xunta de Galicia– e a cláusula décimo primeira –vixencia–.

30 de decembro de 2020

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial.

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) para o desenvolvemento da Campaña Bandeira Azul 2021 en Galicia.

Desenvolvemento da Campaña Bandeira Azul 2021 en Galicia.

31 de decembro de 2020

40.000,00