Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de tódolos cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Carla Serrano López foi nomeada e tomou posesión no cargo de xefa do Gabinete da conselleira de Emprego e Igualdade, e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara ao seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2021

O director xeral da Función Pública
P.S. (Artigo 22.3.2 do Decreto 30/2017, do 30 de marzo)
Mª Eugenia de Pascual Grasa
Subdirectora xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal

ANEXO

Titular do cargo: Carla Serrano López.

Cargo público orixe da declaración: xefa do Gabinete da conselleira de Emprego e Igualdade.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral):

2. Valor total doutros bens: 49.829,92 €.

3. Total: 49.829,92 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):