Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6488

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Anexo

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

4.6.2020

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Celta Ingenieros, S.L. para a organización da actividade formativa Formación en ecografía

Ingreso 5.367,00 €

30.10.2020

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Consello Consultivo de Galicia para a organización da actividade formativa A instrución dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial sanitaria

Sen achega económica

9.11.2020

Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A. para a elaboración da webinar Experiencias estratéxicas de atención farmacéutica arredor do paciente

Ingreso 5.357,00 €

9.12.2020