Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6549

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante o Decreto de Alcaldía número 59 de 20 de xaneiro de 2021, acordouse nomear a Marta González Alonso, con DNI ***2161** funcionaria de carreira do Concello do Barco de Valdeorras, escala administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

A partir da publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense comezará a contar o prazo dun mes para realizar o preceptivo acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como o prazo para tomar posesión do posto.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá optar por interpoñer recurso de reposición ante o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras contado a partir do día seguinte ao desta publicación, significándolle que se o fai, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. No obstante, poderá impugnar directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativo mediante recurso, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente e sexa admisible en dereito.

O Barco de Valdeorras, 20 de xaneiro de 2021

Alfredo García Rodríguez
Alcalde