Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7003

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria).

Unha vez convocada mediante a Resolución do 23 de novembro de 2020 (DOG núm. 246, do 7 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución do 23 de novembro de 2020 (DOG núm. 246, do 7 de decembro).

Segundo. Declarar deserto o posto convocado de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria da Guarda.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 21 de xaneiro de 2021

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo