Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS900B competencia desta xefatura territorial (expediente 2020/657 e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no procedemento de concesión de subvencións BS900B no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, emprázanse para ser notificadas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo do dous meses, computables desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente, con anterioridade á interposición do referido recurso, pode interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS900B. Orde do 11 de xuño de 2020.

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

2020/657

32746510F

Denegación axuda económica

22.10.2020

2020/988

76410323E

Denegación axuda económica

22.10.2020

2020/1089

33262767Y

Denegación axuda económica

22.10.2020

2020/1098

33239919C

Denegación axuda económica

21.10.2020

2020/1119

G07926099

Denegación axuda económica

14.10.2020