Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xaneiro do 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica a varias persoas propietarias a resolución de emenda de erros, asinada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural o 13 de novembro de 2020, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Vitoiro-Urros (Allariz-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada polo COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 13 de xaneiro de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34929077N

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)

34536890K

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)

34601629S

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)

34535800N

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)

14697286X

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)

Francisco Casa Conde

Resolución emenda de erros

San Vitoiro de Urrós (Allariz)