Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCION do 11 de xaneiro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Vito II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Vito II, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 3 de novembro de 2020, Dámaso Lojo Fernández solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Vito II.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior resolvo:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor de Dámaso Lojo Fernández (***6928**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Vito II.

Localización:

Cuadrícula nº: 167.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Flora Fernández Sieira (***5111**) e José Lojo Casais (***8198**).

Novo titular: Dámaso Lojo Fernández (***6928**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos y obrigas dos anteriores titulares.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña