Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2021 Páx. 7046

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial da expropiación urbanística das parcelas afectadas pola Carballeira de San Fins, Montemaior.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do 23 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio (xestión urbanística), polo procedemento de taxación conxunta, para os efectos da obtención dos terreos afectados pola Carballeira de San Fins, Montemaior.

O proxecto de expropiación sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 29 de decembro de 2020

José Manuel López Varela
Alcalde