Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 886/2018, en que figura como interveniente José Ramón Collazo Yáñez, e no cal se sinalou conciliación e/o xuízo para o día 15.2.2021, ás 10.25 e 10.30 horas, respectivamente.
Ao estar a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma del.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza