Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-0000054796 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou os seus representantes, para seren notificadas dos actos administrativos de citación que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non presentarse á cita para o recoñecemento que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións, logo de resolución que lle será notificada.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Núm. de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-0000054796

32738382K

Citación

12.3.2018

CO-0000089156

32403869C

Citación

7.7.2020

CO-0000071786

54939732T

Citación

7.7.2020