Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7298

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018.

En sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto nas bases da convocatoria, e unha vez feito o chamamento para a celebración do cuarto exercicio do proceso selectivo, declarar non presentada a Ana Mª Ansede Ogando, provista de DNI ***1524**, única aspirante convocada.

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal