Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7162

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o terceiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Dodro para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Dodro que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Dodro, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

1.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Pontecesures para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Pontecesures que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Pontecesures, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

1.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Valga para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Valga que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Valga, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

1.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello da Pobra do Caramiñal, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

2.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Rianxo para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Rianxo que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Rianxo, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

2.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Padrón para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Padrón que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Padrón, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

2.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Catoira para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Catoira que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao concello de Catoira, para a óptima xestión do dito servizo

Sen custo económico

2.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a execución da actuación «Mellora do sistema de saneamento de Teis. Primeira fase. Termo municipal de Vigo (Pontevedra)», cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vigo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes nunha primeira fase da «Mellora do sistema de saneamento de Teis, termo municipal de Vigo (Pontevedra)», a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

1.075.000,00 €

29.10.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª, letra g), do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis

392.535,78 €

3.11.2020

Addenda ao Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Curtis para a mellora do abastecemento no núcleo de Teixeiro, Curtis (A Coruña)

Modificar o réxime de financiamento, as obrigas de carácter económico e ampliar a vixencia do convenio

Supón un incremento respecto ao convenio inicial de 1.000.000,00 €

18.11.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Alfoz e o Concello do Valadouro para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Alfoz-Valadouro

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Alfoz-Valadouro, de titularidade dos concellos de Alfoz e O Valadouro

Sen custo económico

20.11.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira, de titularidade do Concello de Ortigueira

Sen custo económico

23.11.2020

Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Arteixo para a execución da actuación «Mellora do sistema de abastecemento e saneamento público nas parroquias de Larín e Monteagudo, no rural do concello de Arteixo (A Coruña)», cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020

Ampliar o prazo de vixencia do convenio e, consecuentemente, reaxustar as anualidades do convenio

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

26.11.2020

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN) e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para o proxecto Xestión avanzada dos recursos hídricos galegos Innovaugas 4.0, cofinanciado con fondos Feder a través do programa operativo Feder plurirrexional de España (POPE) 2014-2020

Formalizar a selección por parte do MCIN do proxecto Innovaugas 4.0, para os efectos do seu cofinanciamento polo Feder no marco do POPE, e a concesión dun anticipo reembolsable nos termos establecidos no convenio. Así mesmo, establecer as obrigas e dereitos de Augas de Galicia na execución do proxecto Innovaugas 4.0.

8.764.608,69 €

2.12.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vilaboa para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Vilaboa

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Vilaboa, de titularidade do Concello de Vilaboa

Sen custo económico

9.12.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello da Coruña e a Empresa Municipal Aguas de A Coruña, S.A. (Emalcsa) para a xestión e explotación da presa e encoro de Cecebre

Regular e formalizar os compromisos que asumen a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello da Coruña e a Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A. (Emalcsa), necesarios para levar a cabo unha correcta xestión, explotación, conservación e mantemento da presa e encoro de Cecebre

Sen custo económico

16.12.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Cee para a nova estación depuradora de augas residuais de Cee-Corcubión (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cee para que o concello poña á disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para redactar e executar o proxecto construtivo «Nova estación depuradora de augas residuais de Cee-Corcubión (A Coruña)»

347.694,12 €

18.12.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Sada para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no núcleo urbano de Sada, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Sada que permitan realizar un estudo de alternativas que determine a proposta máis adecuada para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no núcleo urbano de Sada e, a partir das conclusións obtidas neste estudo, realizar un proxecto construtivo da solución determinada, acometer as obras e, posteriormente, conservalas e mantelas

1.575.000,00 €

22.12.2020

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Gondomar para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Gondomar

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Gondomar, de titularidade do Concello de Gondomar

Sen custo económico

30.12.2020