Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2021 Páx. 7301

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso á escala básica, categoría de oficial, nos corpos de policía local, quenda de acceso por promoción interna e mobilidade.

Con data do 10 de xullo de 2020, o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e mobilidade.

Con data do 22 de xullo, o BOE publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes. Rematado este, e de acordo co establecido no punto 4 da referida Orde do 8 de xullo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), nas quendas de acceso por promoción interna e mobilidade.

As listaxes provisionais de persoas admitidas poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal.

A listaxe provisional de persoas excluídas, tanto na quenda de promoción interna como na de mobilidade, figuran como anexo I e II a esta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 26 de xaneiro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe provisional de persoal excluído. Quenda de promoción interna

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

Aneiros Candales

José Manuel

1

Barros Bernárdez

Alejandro

1

Bellas Barro

Diego

1

Cruz Fernández

Diego

1 e 2

Ferreiro Calvo

Diego Adrián

1

Patiño Carballeira

José Luis

1 e 2

Peña Antón

Raúl

1

Pérez Teixeira

Óscar

2

Periscal Sánchez

Pablo José

1

Roig Terán

Concepción

2

Saborido Caamaño

José

1

Vázquez Gómez

Yago

1

Causas da exclusión

1

Non acredita os tres anos de servizo activo na categoría de policía requiridos na base 2.1.a) da convocatoria

2

Non acredita a titulación requirida na base 2.1.b) da convocatoria

ANEXO II

Listaxe provisional de persoal excluído. Quenda de mobilidade

Apelidos

Nome

Motivo da exclusión

De la Peña Costas

Teodoro

1

Suárez Piñeiro

Adolfo

2

Causas da exclusión

1

Non acredita a antigüidade de 5 anos na categoría de oficial requirida na base 2.2.c) da convocatoria

2

Non acredita a titulación requirida na base 2.2.a) da convocatoria