Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 1/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ángeles Lugo Barral contra a empresa Instituto París, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto en que se despacha execución de data 13.1.2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, a cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencia de ordenación e decreto de data 31.1.2021, ambas impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instituto París, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza