Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Paz, no concello de Outeiro de Rei (Lugo).

De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, sométese ao trámite de información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Paz, no concello de Outeiro de Rei (Lugo), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta no concello, así como na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural, dentro da epígrafe de consultas públicas:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Durante este prazo, as persoas interesadas poderán realizar as achegas que consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As achegas recibidas serán analizadas polo servizo provincial competente e, de ser o caso, incorporadas na redacción final do estudo previo de iniciación.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural