Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7548

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2021 pola que se modifica, en execución da Sentenza do 12 de novembro de 2013, ditada no procedemento 886/2012 polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

Con data do 12.11.2013 ditouse sentenza firme polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, no procedemento de recoñecemento de dereitos número 886/2012. Na súa resolución, a sentenza establece que, unha vez admitida a demanda formulada por Amelia Taboada Rodríguez fronte á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que declara o dereito da demandante á aplicación do disposto nas disposicións transitorias décima do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e sétima do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e condena a demandada a estar e pasar por esta declaración.

Logo de iniciado un procedemento de execución xudicial de títulos xudiciais tramitado co número 123/2015, ditouse Auto do 14.12.2020 que sinala na súa parte dispositiva que se rexeita o recurso de reposición interposto pola representación da demandada, a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, contra a dilixencia de ordenación do 3.11.2020, que se confirma integramente.

As indicadas resolucións xudiciais afectan a praza que ocupa a demandante Amelia Taboada Rodríguez, con DNI número ***4414**, co código MRO191000027001029.

No anexo IV da Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), ofértase a praza MRO191000027001029.

Polo que en virtude do disposto na Sentenza do 12.11.2013, ditada no procedemento número 886/2012 polo Xulgado do Social número 1 de Lugo, esta Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), no seguinte sentido:

1º. Retirar do anexo IV a praza co código MRO191000027001029.

2º. Modificar a base I.1, no seguinte sentido: o obxecto do proceso selectivo será cubrir trescentas dezanove (319) prazas do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, á cal se acumulan as provenientes da oferta de 2018, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): oitenta e sete (87) prazas de acceso libre, das que oito (8) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade; setenta e cinco (75) prazas do proceso de estabilización, das cales cinco (5) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade, e trinta e cinco (35) prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo, das cales catro (4) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade (segundo se indica no anexo IV).

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública