Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial para a fixación de aliñación no predio número 527 Z.C.P. de San Miguel de Barcala.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión con data do 28.9.2020, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan especial para a fixación de aliñación no predio número 527 Z.C.P. de San Miguel de Barcala, asinado pola arquitecta Beatriz Abel Pazos (visado con data do 10.8.2016) e o documento técnico que incorpora as aliñacións no núcleo 07/05 Paraño, asinado por dicha arquitecta, en data outubro de 2018 (sen visar); promovido por Eva María Fariña Dios.

Este acordo determina de seu a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, no caso de que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Esta eventual suspensión terá unha duración máxima de 2 anos, contados desde a devandita aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Durante esta poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

O nomeado plan especial, así como o expediente administrativo de que deriva sométense a trámite de información pública durante o prazo de 2 meses, computado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios e na páxina web municipal.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, Casa do Concello (3º andar), de luns a venres (agás festivos), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A Estrada, 23 de outubro de 2020

José C. López Campos
Alcalde