Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2021 Páx. 7542

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020 e se completa a Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas

DISPOÑO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Para os efectos de completar a Resolución do conselleiro maior do 1 de xuño de 2020 pola que se da publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020 (DOG núm.111, do 9 de xuño), darlle publicidade ao convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre pendente de publicar, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia no terceiro cuadrimestre de 2020

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o uso dos servizos da Rede de telecomunicacións Corporativa da Xunta de Galicia.

Non superará os seguintes importes para cada unha das anualidades:

Anualidade 1 (2021): 15.943,60 €

Anualidade 2 (2022): 19.132,32 €

Anualidade 3 (2023): 19.132,32 €

Anualidade 4 (2024): 3.188,72 €

3.11.2020

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia no primeiro cuadrimestre de 2020

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Tribunal de Contas e os órganos de control externo polo que acordan as condicións de utilización, explotación e mantemento das aplicacións informáticas que forman a plataforma e o portal de rendición de contas das entidades locais.

Exercicio 2021: 23.269,234 €

Exercicio 2022: 23.269,234 €

Exercicio 2023: 23.269,234 €

25.2.2020