Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SPA-LU-0012/2020-ON.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador SPA-LU-0012/2020-ON por realizar unha plantación de pataca en zona declarada infestada incumprindo o Real decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación da Tecia (Scrobipalpopsis) solanívora (Povolny).

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias, Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da citada norma.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

Silvestre Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente número: SPA-LU-0012/2020-ON.

DNI da persoa interesada: 76559425S.

Acto de notificación: resolución expediente sancionador.