Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2021 Páx. 7788

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.3 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 das bases da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar contra este acordo recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021

Breogán Cinza Cabarcos
Presidente do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Puntuacións base II.3.1.1.

Total

a)

b)

c)

d)

e)

f)

**8188***

Docampo Ramos, Carlos

9,96

4,5

3,5

6

3

0

26,96

**6812***

Arnosa Casal, Juan Cirilo

8,76

4,5

3,5

6

2,25

0

25,01

**2403***

Piñeiro González, Raúl

5,82

3,5

3

6

3

0,2

21,52

**8078***

Recuna Carrasco, Pablo

5,34

3,5

3

6

3

0

20,84

**4680***

Valencia Requejo, Tito

5,52

3,5

3

6

2,25

0,4

20,67

**2978***

Boo Cepeda, Antonio

8,4

3,5

3

5,41

0

0

20,31

**3368***

López Soilán, Borja

5,28

3,5

3

3

0

0,2

14,98