En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante Decreto da Alcaldía do 30 de decembro de 2020, resolveuse aprobar a oferta de emprego público do Concello de Teo para o ano 2020, que comprende as prazas vacantes de persoal laboral e funcionario dotadas no orzamento da Corporación que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existente, e en atención ao disposto no Acordo do Consello de Ministros da súa sesión do 6 de outubro de 2020, co seguinte detalle:
Persoal funcionario
Praza |
Escala |
Grupo |
Quenda |
Número de prazas |
Administrativo/a |
Administración xeral |
C1 |
Libre |
1 |
Teo, 13 de xaneiro de 2021
Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde