Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2021 Páx. 8660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 169/2019).

Execución de títulos xudiciais 169/2019.

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 184/2019.

Sobre despedimento.

Demandante: Marta Ferreiro Bello.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandados: Fogasa, Perfume Vip, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa.

Eu, Mª Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 169/19 deste xulgado se ditaron auto e decreto o 20 de xaneiro de 2021, contra o que se pode interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/s dita/s resolución/s na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Perfume Vip, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza